martes, 11 de enero de 2011

COMPOSICIÓN DE TEXTO I

COMPOSICIÓN DE TEXTO
__________________________________________________________________________________

Estes documentos remóntannos aos séculos IX e XX, nos que se desenvolveu o movemento obreiro como consecuencia da Revolución Industrial. En España este movemento foi cualificado de fracaso pola falta de proxectos privados ou públicos para a modernización económica, de forma similar ao sucedido no Reino Unido nun primeiro momento e posteriormente noutros países de Europa(como Francia, Bélxica e Alemaña). 

A pesar da escasa e lenta industrialización no noso país, as condicións laborais para os traballadores das fábricas eran nefastas. Estes víanse expostos a xornadas de traballo de máis de 12 horas e, por outra banda, os nenos víanse obrigados a traballar, sendo os seus salarios mínimos ao non existir ningún tipo de lexislación que regulase esta actividade. O principal descontento dos obreiros foron as máquinas, xa que pensaban que eran as culpables de perda da rentabilidade do pequeno comercio artesán. Deste xeito xurdiu o ludismo, baseado na súa destrución. Máis tarde estes decatáronse de que estas non foran as culpables, senón o uso que se facía delas . Así naceu o chamado sindicalismo, ao dirixir as queixas aos empresarios como revolta en contra do capitalismo.

As primeiras manifestacións deste movemento tiveron lugar en Barcelona no mes de Agosto de 1835 na fábrica téxtil de “Bonoplata e Cía”. Esta foi queimada polos obreiros, a pesar das gardas que as autoridades organizaron ante os temores de ataque. Nos días seguintes foron executados varios obreiros, entre eles Pardiñas, por ser presuntos autores do incendio. A partir deste suceso e outros similares, os obreiros comezaron a ASOCIARSE, acudindo ao capital xeral de Cataluña e representante das fábricas, varón de Meer. A pesar das sucesivas negativas, os obreiros continuaron a súa actividade clandestinamente, ata que as autoridades catalás autorizaron nun decreto as sociedades mutualistas, é dicir, agrupacións de traballadores que se ofrecían axuda entre si en diversos aspectos.

Porén, o 9 de decembro de 1841, o goberno dictou unha segunda orde de disolución das mesmas. Con isto agravouse o descontento dos obreiros que, en 1855, comezaron a primeira folga xeral de España. Esta, que durou 9 días, tivo como causa principal o control militar que o goberno impuxo nas asociacións de socorro mutuo. Esta revolta obreira foi masivamente seguida, baixo o lema “ Asociación ou morte”, e os seus principais reclamos foron a liberdade da asociación ,a redución de xornadas de traballo e o aumento do salario.

Mais tarde foi constituída a AIT(Asociación Internacional de Traballadores), fundada na cidade de Berlín no ano 1922. Esta estaba constituída por grupos revolucionarios sindicalistas que se opoñían á dependencia de diversos partidos políticos de pensamento comunista e social demócrata. En artigos publicados en La Defensa de la Sociedad, advertíase do perigo que para a orde pública establecida supoñía esta asociación. A súa principal novidade era a independencia definitiva dos principais partidos políticos, que tiñan o deber de ser tratados como principais enimigos dos traballadores. Esta asociación agrupou tamén a organizacións numerosas de grupos de tendencia anarquistas. A pesar dos atentados nazis, franquistas e comunistas non morreu esta asociación, aínda que si perdeu forzas nas primeiras décadas do século XX. A AIT tamén sobreviviu á chamada Guerra Fría e rexurdiu despois da caída do Muro de Berlín.

Por último, e en consecuencia a todos os anteriores sucesos, naceron a UXT (Unión Xeral de Traballadores) e a CNT( Confederación Nacional do Traballo), que chegaron ao convencemento da necesidade da unificación das súas forzas para levar a cabo o movemento obreiro español. Acordaron por unanimidade o uso da folga xeral como medio de garantía para o pobo dunhas mínimas condicións de vida; esta terá unha duración indefinida para poder reivindicar os dereitos da poboación. A súa actividade chega ata os nosos días ao continuar loitando polos dereitos dos traballadores.








Nerea Darriba Rodríguez

Noelia Aldariz Cancela

Antía Núñez Martínez

Brenda Barreiro Cabana

Andrea López López

2º BAC A


No hay comentarios:

Publicar un comentario